Actuación teatral este domingo no Vicedo

AMariñaXa
O Grupo de teatro da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña presenta a obra "A maxia dos sentimentos" o domingo no Vicedo.
cartel teatro abril 2021_portada
10 Abr 2021

O Grupo de teatro da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña presenta a obra A maxia dos sentimentos o domingo 11 de abril ás 19.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Trátase dunha obra infantil pero que tamén pode ser apreciada por persoas de calquera idade afeccionadas ao teatro e con ganas de apoiar as actividades da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.

A entrada é gratuita pero polas medidas sanitarias e de aforo está limitado a 60 espectadores.

cartel teatro abril vicedo
0.22009992599487