Actuación de zumba en Riotorto polo fin de curso

TerraChaXa | AMariñaXa
Será hoxe, venres, más 19.00 horas na Casa da Cultura
zumba-2
30 May 2025

Riotorto acolle hoxe, venres, o festival de fin de curso de zumba, unha actividade que terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura. O evento promete ser unha tarde chea de ritmo, cor e enerxía, onde os participantes demostrarán todo o aprendido ao longo do curso.

Ao remate das actuacións, o público poderá gozar dunha sesión de pinchos como colofón á celebración. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Riotorto e pretende reunir familiares, veciñanza e afeccionados á danza nun ambiente festivo e de convivencia.

A organización anima a toda a comunidade a asistir e apoiar o traballo realizado polos participantes durante o ano.

⚙ Configurar cookies
0.11136817932129