Actividades de verán para os máis pequenos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao
Este verán de 2019 a proposta da oferta de actividades e obradoiros para os máis pequenos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao será moi variado. Contará cun programa continuado de actividades moi diversas, sempre lúdicas, que se irán sucedendo ao longo dos días establecidos para cada quenda e cuxo obxectivo prioritario é achegar os asistentes ás fontes primarias de coñecemento para aprender, facer, coñecer e vivir.
A intención, ademais de adquirir coñecementos, é promover a convivencia nestes espazos con tan importante legado histórico, lugares que convidan a coñecer e crear (imaxinar) desde as ciencias, artes e técnicas artísticas ou arqueolóxicas, sempre desde parámetros de igualdade, interdisciplinariedade e sostibilidade.
As distintas actividades a realizar serán impartidas exclusivamente por profesionais dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Estes campamentos son para nenos de 4 a 12 anos e membros do Club Pequeamigos hai 20 prazas para cada quenda en horario de 12:00 a 14:00 horas. A primeira quenda será do 2 ao 5 de xullo, e do 30 de xullo ao 2 de agosto; e a segunda do 19 ao 23 de agosto.
As inscricións realizaranse mediante o formulario específico no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla, os días, 25, 26 e 27 de xuño.
O día 1 de xullo comunicarase a listaxe de admitidos.
As actividades para o club sénior serán o 9, 16 e 23 de xullo de de 17:00 a 19:00 horas. E as actividades con colectivos o 4 de xullo de 11:00 a 14:00 horas.