Actívanse novas redes 4G e 5G en Barreiros

O Concello de Barreiros informa que as compañías de telefonía móbil lles comunican que nos vindeiros días activarán novas redes 4G e 5G na vila mellorando a cobertura e a velocidade de conexión.
Avisan tamén de que o acendido destes nodos pode conlevar a aparición de determinadas afectacións nos fogares para a recepción da sinal TDT.
De ser o caso, quen experimente problemas coa TDT por esta razón, pode contactar con llega700, empresa encargada de resolver gratuitamente posibles incidencias na recepción da televisión. O teléfono de balde é 900 833 999 e máis información na súa web.