Acruga abriu a tempada de poxas no Valadouro

LugoXa | AMariñaXa
Acruga abriu a tempada de poxas no Valadouro. Presentáronse a póxa catro xatas preñadas, procedentes do centro da Granxa Gayoso Castro
acruga subasta febreiro Valadouro feira
6 Feb 2022

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, abriu o que podería denominarse a súa tempada de poxas no Valadouro recuperando ademais unha poxa que se deixou de celebrar durante os últimos dous anos.

No que supón o inicio das poxas do ano para esta asociación, presentáronse a póxa catro xatas preñadas, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foron adquiridas por un gandeiro de Cervantes.

As catro xatas adxudicáronse por un prezo medio de 2.050 euros, e a primeira foi a que alcanzou os 2.350 euros, é dicir a maior cotización da poxa. As outras tres adxudicáronse polo prezo de saída, que este ano se sitúa nos 1.950 euros.

Ademais do comprador de Castroverde tamén sacaron tarxeta gandeiros con explotacións en Friol, Cervantes e Vilalba.

0.19296407699585