Acordo de todas as partes para cambiar de ubicación a planta de residuos de Aldurfe
A presión veciñal consiguiu que Sogama e a Xunta cambiaran de idade sobre a ubicación da planta de transferencia de residuos de Riotorto que ía levantarse no núcleo gandeiro de Aldurfe, a apenas uns metros das casas, o que motivou unha tractorada dos veciños o día que se presenta ao público o proxecto, así como numerosas protestas doutros partidos políticos.
Onte, Sogama, a Xunta e o alcalde da localidade, mostraron o acordo ao que chegaron para suspender de forma definitiva a nova localización. Así o luns, Sogama cancelará a licitación da planta e o concello revogará o acordo de cesión da parcela, que é de propiedade municipal. Así mesmo, aínda se descoñece a parroquia na que se situará a planta, aínda que si será en Riotorto.
O alcalde de Riotorto xa trasladou aos veciños algunhas propostas para situar a nova planta de transferencia de residuos que dará servizo a outros concellos como A Pastoriza, A Pontenova, Pol, Ribeira de Piquín e Meira, aínda que poderían unirse outros como A Fonsagrada, Baleira, Cospeito e Vilalba.
Asegura o alcalde de Riotorto que non quere "deixar escapar esta oportunidade de inversión no Concello de Riotorto, que xerará empregos locais e unha actividade económica no termo municipal".
Aseguran nun comunicado que "en ningún momento a administración local quixo prexudicar a ningún veciño de Aldurfe con esta instalación, "soamente se pensaba que a ubicació era a idónea, o que xeraría postos de traballo na zona e diversas melloras no barrio".
A día de hoxe, aseguran en Sogama que a microplanta de Riotorto leva operando sen problema dende o ano 2007 pero a decisión de transformala nunha de maior capacidade e mellores prestacións están condicionada coa normativa que entará en vigor en decembro de 2023 polo que os concellos galegos deberán implantar a recollida selectiva do contedor marrón.
O obxectivo da compañía é que ademais da bolsa negra, nesta instalación se poida transferir a bolsa amarela e no seu momento os residuos procedentes do contedor marrón.