Vaise acondicionar o barrio de San Miguel de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello realizará tarefas de acondicionamento no barrio de San Miguel e na rúa Antonio Rodríguez Darriba.
barrio san miguel ribadeo
15 Jul 2021

O Concello realizará tarefas de acondicionamento no barrio de San Miguel e na rúa Antonio Rodríguez Darriba. O investimento ascenderá a máis de 46.000 euros e o prazo de execución será de 2 meses, segundo deu a coñecer a concelleira de Obras, Mónica Freire Rancaño. 

Dende o Concello comunicaron que “levamos un tempo recollendo moitas demandas da veciñanza desta zona de Ribadeo e sabemos que se trata dun barrio que leva sen actualizar desde os anos 80 e que se atopa en mal estado, polo que entendemos que é prioritario actuar sobre este espazo”.

As actuacións que se contemplan neste proxecto inclúen o aglomerado das vías deste barrio de San Miguel e da rúa Antonio Rodríguez Darriba, xunto coa colocación de mobiliario urbano e a mellora na sinalización e tamén a humanización do espazo coa plantación de varias árbores. 

Estas actuacións servirán para mellorar esta zona, tanto para a veciñanza como para os visitantes xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro e a estrada do Faro e tamén para o porto. Ademais, suporán o arranxo da primeira fase do barrio e terán continuidade para o vindeiro ano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20721578598022