Acondicionan na Pontenova un paseo natural entre os ríos Eo e Turia
AMariñaXa
O Concello da Pontenova iniciou unha novas obras de mellora actuando na área natural comprendida entre os ríos Eo e Turia.
15 Mar 2021
O Concello da Pontenova iniciou unha novas obras de mellora da contorna natural do tempo municipal. Concretamente están actuando na área natural comprendida entre os ríos Eo e Turia, onde se está a facer unha zona de paseo e lecer para goce dos veciños.
A intención nun primeiro momento será a colocación de pedra para o paseo, que terá un ancho de 1,50 metros, a limpeza da zona para e tamén a colocación de tres mesas de canteiría para que se podan facer reunións, en canto a situación sanitaria o permita.
O obxectivo do Concello é ter terminado o acondicionamento desta ampla zona antes de que remate o mes para que poida utilizarse coa chegada do bo tempo.
Este proxecto, con cargo a Red Natura ten un orzamento de 24.000 euros.