Aclaran que o Concello viveirense "non recibiu o edificio do antigo Centro Comarcal da Mariña nas mellores condicións"
O grupo de Goberno do Concello de Viveiro informa aos veciños da situación na que se atopa actualmente o edificio que fora sede do Centro Comarcal da Mariña Occidental.
Efectivamente, o edificio ten deficiencias que dende o Goberno municipal se están tratando de regularizar. "O que non é verdade é o estado de abandono do edificio, tal e como apunta o voceiro do Partido Popular en Viveiro", din dende o Goberno local.
“No 2016, ano de entrega por parte da Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro deste edificio, hai que aclarar que xa se atopaba sen uso dende había algún tempo, sendo os últimos moradores o Distrito Forestal ubicado en Viveiro, así como Medio Rural antes de pasar ás instalacións da Consellería do Mar en Celeiro”, afirma o grupo de goberno, “polo que entrégannos un edificio que como se pode observar nas imaxes que se adxuntan non estaba no estado impecable que afirma o señor Rodríguez Blanco”.
Primeiramente, "deron de baixa o contrato da luz antes da cesión, co cal por parte do Concello de Viviero houbo que regularizar esta situación. E segundo, entendemos que o mobiliario era propiedade das delegacións citadas, co cal o retiraron quedando as instalacións diáfanas, se ben quedaron os expositores turísticos de diversos concellos da Mariña”, engade Jesús Fernández, tenente de alcalde de Viveiro", engaden.
Asemade, "cómpre destacar que a forma de entregar o edificio non foi nas mellores condicións. A modo de exemplo, pódese indicar que levaron ata a caldeira da calefación e rabizaron o cableado da centraliña de telecomunicacions do edificio, co cal quedou inservible , ademais de faltar algunhas das luminarias, así como os apliques eléctricos", din. “Imaxinamos que dende a Xunta de Galicia non ordenaron facer isto, entón non podemos asegurar se foi a empresa de desmantelamento ou alguén que a priori non tería entrada nas instalacións, pois non se observou ningún indicio de entrar pola forza; en todo caso, nun estado impecable, como se pode observar, non se atopaba”, manifesta o grupo de goberno de Viveiro.
Con respecto á limpeza, "non é certo o asevera o PP de Viveiro, dado que o Concello sacou a concurso público o servizo de limpeza de varias dependencias, entre as cales está o centro comarcal, realizándose este servizo tres días á semana, os luns, mércores e venres de 21:30 a 22:30 horas, non sendo moi doado a limpeza da cristalaría polo exterior, dado o deseño do edificio", o que si e certo é que "no exterior vanse realizar unhas obras de mellora, pero en ocasions non poden ser realizadas de xeito inmediato, pois depéndese de partidas económicas. Estabase a retirar parte do teito do corredor lateral por desprendemento de pezas de madeira e cando se estaba procedendo a dita actuación, repisou o terreo polo que está esa zona con vallas de protección para evitar incidentes".
Entre as obras previstas están o recheo do antigo oco da auga, onde se vai a poñer unha zona axardinada, así como o arranxo das plaquetas rotas ou desprendidas en dito espazo.
O Concello engade que están utilizando o edificio asociacións e colectivos para realizar os seus ensaios, tales como Escolma de Meus e Banda Naval de Viveiro (que realizaban as súas actividades no antigo edifico do Casino e por peche deste víronse na rúa), Tempus Fugit, Grupo Cantos de Taberna Espera que vou mexar, Grupo de Teatro Andanzas, e tamén ten a súa sede o Seminario de Estudos Terras de Viveiro.
Por último, pouco antes da pandemia habilitouse a parte traseira para realizar algún tipo de exposicións nunha zona acristalada.