Acisa Ribadeo repartirá mais de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña

AMariñaXa
A asociación pretende fomentar as compras no comercio local, tras a celebración o día da nai, coa participación de 96 locais asociados
rasca-gana_acisa_ribadeo
Presentación da campaña
22 May 2024

Do 23 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá máis de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local. A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou pretenden “potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o día da nai e previo ás rebaixas de verán”.

Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. “Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.

Cruzado Iglesias indicou que “con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio para facer as súas compras e ás que elixen a hostalería local para as súas celebracións ou para compartir momentos coas amizades”.

A presidenta de Acisa deu as grazas aos establecementos que doaron algún premio pola súa xenerosidade. “Son 96 os locais que están presentes cos seus agasallos neste Rasca e Gaña. Esta campaña ten unha clara intención, agradecer en forma de premio a fidelidade que están a ter os ribadenses co comercio e a hostalaría locais”.

Os rascas estarán dispoñibles nos 96 establecementos asociados a Acisa, que colaboraron doando algún premio. “Póñense en circulación 125.000 rascas dos que mais de 53.000 conteñen agasallos, mellorando moito a edición do ano pasado na que se editaron 100.000 rascas con 15.000 premios. Se xuntamos o valor económico de todos os premios probablemente esteamos diante da campaña mais importante dos últimos anos”, explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

Máis de 53.000 rascas

Neses máis de 53.000 rascas premiados hai desde botellas de viño, ceas, merendas e comidas, menús especiais, cañas, copas, almorzos, cervexas, descontos en tendas do 5 % ao 50 %, promocións 2x1 ou vales de compra por importe de 5, 10, 15 e 20 euros. Tamén hai regalos directos, como reloxos, produtos personalizados, e lotes de verán.

A mecánica da campaña é sinxela. “Por cada compra un cliente poderá pedir o seu rasca debidamente selado. Se resulta agraciado cun premio terá que reclamalo no establecemento que lle indica o rasca”. Os premios poden reclamarse ata o 23 de xuño e non son acumulables entre eles nin con outras promoción. O Rasca e Gaña de Acisa conta coa colaboración de 96 establecementos doadores de premios e está cofinanciado pola Xunta de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17549109458923