Acisa Ribadeo ofrece aos comercios unha formación sobre Instagram
AMariñaXa
O vindeiro luns, 22 de abril, en horario de 18 a 20 horas, Acisa Ribadeo e Acelera Pyme Rural Asime continúan coa formación para os comercios que estará centrada neste caso en Instagram.
20 Abr 2024
O vindeiro luns, 22 de abril, en horario de 18 a 20 horas, Acisa Ribadeo e Acelera Pyme Rural Asime continúan coa formación para os comercios que estará centrada neste caso en Instagram. Para asistir é necesario inscribirse previamente nas direccións de correo electrónico info@acisaribadeo.es ou lugo@acelerapyme.asime.es.
Continúase así coas propostas que comezaron cun curso sobre Facebook e creación de contidos nesta rede social, organizada na Casa del Viejo Pancho. Unha vintena de persoas asistiron á cita impartida por Lilián Pérez, de Donapubli.