Acisa Ribadeo dá a coñecer aos gañadores dos premios da campaña do Día da Nai
Nas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas. Os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, tal e como indican as bases da campaña, “o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo”. O sorteo fíxose mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000.
“As persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 16 de maio para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”, indicou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Agradeceu a confianza da veciñanza “por mercar os seus regalos do dia do nai no comercio asociado, e que se animaran a celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea en familia, coas mellores propostas gastronómicas que atoparon en Ribadeo e que seguirán a atopar para vindeiras ocasións especiais”.
A presidenta do colectivo empresarial engadiu que a campaña do día na nai de Acisa completouse “coa entrega dun cento de caraveis na rúa ás mamás que atopamos ao noso paso. Unha acción que xa é tradición na nosa asociación nesta data”. Carmen Cruzado agradece “a colaboración de Galería Terra Branca nesta campaña do día da nai 2024”.