Acisa repartiu flores polas rúas de Ribadeo para celebrar o Día da Nai
AMariñaXa
Acisa Ribadeo celebrou o Día da Nai repartindo na rúa un centenar de claveis entre as mamás que se foi atopando, a pesar da chuvia.
6 Maio 2024
Acisa Ribadeo celebrou o Día da Nai repartindo na rúa un centenar de claveis entre as mamás que se foi atopando, a pesar da chuvia. Ademais, o colectivo empresarial sorteará durante o día de hoxe unha experiencia Entre Burbujas e un colgante exclusivo de plata de lei e madreperla, cortesía de Terra Branca.
Todas as personas que fixeron as súas compras para o Día da Nai no comercio local recibiron papeletas para participar no sorteo, que terá lugar nas instalacións de Acisa.
A asociación ribadense felicita ás mamás neste día tan especial: "Sabemos que moitas familias celebrarán esta data na hostelería local. Segundo os datos recadados, podemos confirmar que varios establecementos están completos desde hai días, o que nos alegra".