Acisa en Ribadeo colabora na loita contra o cancro recollendo donativos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 Out 2019

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Acisa, colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas. 

Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”. 

Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”. 

A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús Pérez.  

0.20761489868164