Aciam Xove prepara unha cea-baile para o 16 de decembro
Aciam Xove abriu o prazo para apuntarse a esta cea-baile que se vai desenvolver o venres 16 de decembro a partires das 22.30 horas, no pavillón municipal de deportes de Xove.
O prezo desta cea-baile é de 60 euros por persoa e os tickets poden adquirirse na Panadería Maral, Gasoliñeira Transportes Paraíso, Noceda e Pulpería Mario. O xoves 15 de decembro, inclusive, será a data límite para adquirír os tickets para cea.
Aciam Xove quere compartir con todas as persoas este día, polo cal informan que esta cea-baile está aberta a todo o mundo, sexa asociado de ou non.
En canto ao menú contará con entrantes de polbo e xamón cocido, e langostinos á prancha, carrilleira de porco ibérico, sobremesa de tarta Ferrero, viños, auga, refrescos, café e copa. Rematada a cea haberá baile.