AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra no Día do Pai

Foz
AMariñaXa
AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día do Pai, entre as compras do 4 e o 19 de marzo
Acia Foz Pai 2023
3 Mar 2023

AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día do Pai. O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras nos locais asociados a AciaFozCCA entre o 4 e o 19 de marzo recibirán papeletas para entrar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra”.

Paleo explicou que “o 23 de marzo ás 11 da mañá en RadioFoz faremos o sorteo. En xogo poñeremos 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “nestas datas para regalar aos pais, aos Pepes ou ás Pepitas atoparemos todo o que precisamos nos negocios locais que temos a carón das nosas casas”. E engadiu: “lembremos que o comercio fai pobo e a mellor forma de apostar e de apoialo é facendo as nosas compras en Foz”.

Nesta campaña do Día do Pai AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

01 Flyer food truck blue
0.12811207771301