AciaFoz fai o primeiro sorteo das xornadas gastrómicas
Esta mañá tivo lugar o primeiro sorteo das Xornadas Gastronómicas ImpulsaFoz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA.
As afortunadas e os afortunados son: Andrea Díaz, Yaiza Pereiro, Ana Mª Rico, Francisco Dorado, José Luis Outeiriño, Jorge López, Agustín Martínez, Manuel Ángel Vázquez, Ana Alonso e Mª José Vieites. Cada un deles recibirá un vale de compra de 50 euros para consumir no comercio e na hostalería locais.
Desde a organización sinalan que “debido ás novas medidas sanitarias que hoxe entraron en vigor o sector hostaleiro está pechado, entón eses vales poderanse consumir unha vez que volvan abrir as súas portas ou tamén agora nos casos nos que eses locais conten con servizo de comida para levar”.
No sorteo celebrado esta mañá en Radio Foz, e que presentou Anxo Rivas, participaron o concelleiro de Comercio, José Mª Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.