Acia Foz volverá homenaxear á Festa do Berberecho nunha nova edición da Finde de Chícaros e Mexillóns

Foz
AMariñaXa
Será os días 10 e 11 de abril e contará coa participación dun total de 14 locais de hostalería
presentacion-finde-chicharos-e-mexillons-foz
7 Apr 2026

Acia Foz-CCA presenta unha nova edición da Finde de Chícaros e Mexillóns, un evento que se celebrará os días 10 e 11 de abril e que pretende poñer en valor a riqueza dos produtos do mar e render homenaxe á Festa do Berberecho de Foz.

“Un ano máis queremos sumarnos á Festa do Berberecho de Foz rendéndolle homenaxe cunha fin de semana de chícaros e mexillóns en 14 locais hostaleiros, que ofrecerán diferentes preparacións de ambos bivalvos”, sinalou o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, durante a presentación do evento, na que estivo acompañado polo alcalde e a concelleira de Comercio de Foz, Fran Cajoto e Kathy Navarro.

Os establecementos participantes nesta edición son A Funcional, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Cafetería Leytón, Casa Damián, Dandy, Happys Days, Mexideli, O Muelle Bar, Pizzería Xoíña, Portochico, Restaurante Xoíña e Tangarte.

Para esta campaña de homenaxe á XXIV Festa do Berberecho, Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Foz.

0.11660289764404