Acia Foz sortea 1.000 euros en vales de compra polo Día da Nai

Foz
AMariñaXa
Acia  Foz sorteará 1.
campaña dia nai Acia Foz
23 Abr 2024

Acia  Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai na que participan 72 comercios. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 26 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. “Poderán participar no sorteo as persoas cuxas compras sexan por importe superior aos 10 euros”, explica o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

O sorteo terá lugar o 8 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz. Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. José Carlos Paleo lembra que “a clientela pode aproveitar a ocasión para facer uso dos Bonos Activa Comercio da Xunta”. En AciaFozCCA están a disposición tanto dos comercios como dos seus clientes para axudarlles a descargar a aplicación desta campaña e resolverlles as dúbidas que poidan ter para que así poidan aforrar nas compras do día da nai.

O presidente da asociación focense engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial coma esta do día da nai”. O colectivo conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a campaña do día da nai, que foi presentada por José Carlos Paleo, presidente da asociación empresarial focense, e polo alcalde de Foz, Fran Cajoto.

0.1068811416626