Acia Foz CCA sorteará unha cesta entre os máis cafeteiros

Acia Foz CCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.
O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.
Paleo indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida o ano pasado e neste 2025 agardamos repetir. Os amantes do café teñen unha boa ocasión para saborear as elaboracións que atoparán nos dez locais participantes”.