Acia Foz CCA sorteará 15 premios na súa campaña de Nadal

Foz
AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
13 Dec 2023

Acia Foz CCA sorteará 15 desexos na súa campaña de Nadal, que foi presentada polo presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo.

Todas as persoas que realicen as súas compras en calquera dos preto de 80 negocios locais que participan na campaña de Nadal entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro terán a posibilidade de entrar no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase en Radio Foz o 8 de xaneiro.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, anima “á veciñanza de Foz a facer as súas compras de Nadal no comercio da nosa vila, onde atoparán un trato próximo e unha cara amable que os atenderá e os asesorará da mellor maneira posible. É tempo de facer os soños e os desexos realidade e todo o que precisamos para sorprender á familia e ás amizades podemos atopalo en Foz”.

Paleo aproveita para desexarlles unhas felices festas e un bo 2024 e engade “mercando aquí facemos vila, facemos pobo. E iso é o importante sempre, pero sobre todo nestas datas que son as de maior consumo do ano”.

0.16652202606201