Acia Foz CCA sorteará 1.000 euros en vales na campaña do Día do pai

Foz
AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
acia foz dia do pai 2024
5 Mar 2024

Acia Foz CCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña do Día do pai, que terá lugar do 8 ao 19 de marzo.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 19 de marzo entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. O sorteo farémolo en Radio Foz o 21 de marzo e do resultado informaremos, coma sempre, a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

Paleo anima “a seguir apostando polos negocios locais, por ese comercio co que todos facemos pobo. Aquí podemos atopar todo o que precisamos para conmemorar esta data”. E engadiu que “os Pepes, as Pepitas, os Josés, as Josefas e os papás contan en Foz cunha hostalería excelente para as súas celebracións familiares e con amigos”.

Acia Foz CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

0.14324498176575