Acia Foz CCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín

Foz
AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
2024 Foto San Valentin Foz
2024 Foto San Valentin Foz
5 Feb 2024

Acia Foz CCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, explicou que todas as persoas que fagan as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 14 de febreiro entrarán no sorteo de 10 vales de compra de 100 euros cada un. O sorteo farémolo en Radio Foz o 19 de febreiro e do resultado informaremos a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

Ademais do 9 ao 14 Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Paleo comentou que “deste xeito queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de AciaFozCCA. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.

Acia Foz CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

0.11517405509949