Acia Foz CCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña do Día do Pai

Foz
AMariñaXa
A clientela que realice compras superiores a 10 euros poderá participar no sorteo, que se celebrará o 24 de marzo
CCA-FOZ-DÍA-DO-PAI-2025
8 Mar 2025

Acia Foz CCA pon en marcha unha nova campaña comercial con motivo do Día do Pai, que se desenvolverá entre o 10 e o 19 de marzo. Durante este período, aquelas persoas que realicen compras por un importe superior a 10 euros nos establecementos adheridos ao CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, anunciou que o sorteo terá lugar o 24 de marzo en Radio Foz e que se repartirán cinco premios de 100 euros cada un. Paleo destacou que esta iniciativa busca premiar a fidelidade da clientela local e animar as compras no pequeno comercio da vila, onde se poden atopar todo tipo de agasallos para celebrar esta data especial.

"Queremos que os veciños e visitantes sigan apostando polo comercio de Foz, onde atoparán os mellores detalles para os pais, os Pepes e as Pepitas. E, por suposto, despois toca celebralo, como se merece, na nosa hostalería, en familia e cos amigos", engadiu Paleo.

0.16586804389954