Acia Foz-CCA resolve o sorteo da campaña do Día do Pai con cinco premiados

Foz
AMariñaXa
As papeletas gañadoras corresponden a compras realizadas en distintos establecementos locais entre o 2 e o 22 de marzo
Dia-do-Pai-sorteo-cafa-Acia-Foz-2026
23 Mar 2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz (Acia Foz-CCA) celebrou hoxe o sorteo das cinco sesións fotográficas incluídas na súa campaña do Día do Pai, unha iniciativa desenvolvida entre o 2 e o 22 de marzo co obxectivo de incentivar as compras no comercio local.

O acto tivo lugar nos estudos de Radio Foz e contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente da asociación, Ana Segade, ademais da condución do locutor Anxo Rivas. Durante o sorteo déronse a coñecer as papeletas premiadas, que corresponden a compras realizadas en diferentes establecementos asociados.

Os números agraciados foron o 17293, entregado en Carnicería Salai Campo; o 18440, en Masssaúde; o 4100, en Decoraciones Pura; o 23822, en Infotec; e o 12380, en Ofifoz. Cada unha destas papeletas obtén como premio unha sesión fotográfica, unha proposta que busca ofrecer unha experiencia especial ás persoas gañadoras.

Desde Acia Foz-CCA valoran de forma positiva a resposta da clientela a esta campaña, que combina promoción comercial e iniciativas atractivas para a veciñanza. A entidade continúa así apostando por accións que contribúan a dinamizar o tecido comercial do municipio e reforzar o vínculo entre os negocios locais e a cidadanía.

0.11661410331726