Acia Foz CCA entrega a cesta da campaña O teu café ten premio

Foz
AMariñaXa
A iniciativa, vinculada ao Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés, premiou a participación do público durante a celebración do evento
Acia-Foz-o-teu-cafe-ten-premio-cesta-2026
10 Mar 2026

A asociación Acia Foz CCA fixo entrega da cesta correspondente ao sorteo da campaña O teu café ten premio, unha iniciativa desenvolvida entre o 23 de febreiro e o 2 de marzo coincidindo coa celebración do Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés no IES de Foz.

A persoa agraciada foi Nazaret Cruz Leal, que recibiu o premio nun acto no que participaron o presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo; o responsable de CoffeeUrbanRoasters, José Manuel Martínez Yáñez; e a concelleira de Comercio do Concello de Foz, Kathy Navarro.

A cesta incluía unha selección de produtos especializados relacionados co mundo do café, unha proposta pensada para destacar e promover a cultura cafeteira. Segundo explican desde a asociación, o obxectivo da campaña era reforzar a relación co campionato internacional que cada ano se celebra na vila e que converte Foz nun punto de referencia dentro deste ámbito.

A iniciativa foi organizada por Acia Foz CCA e contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Foz, entidades que apoiaron esta acción destinada a dinamizar o comercio local e a implicar á veciñanza nun evento de relevancia internacional.

0.12020087242126