Acia Foz anuncia os gañadores do concurso de escaparates de Nadal
AciaFozCCA sorteou os 10 vales de compra por importe de 100 euros cada un. Así fixo realidade os dez desexos de Nadal cos seguintes números afortunados e os locais nos que foron entregados: 3419 - Koquetas Moda; 47084 - Decoraciones Pura; 41854 - Lencería Esther; 29393 - Dermoterapia centro estética; 6033 - Ferretería Fuente; 32846 - Vas’s Outlet; 27326 - Cenor Belianorte; 34051 - Koquetas Moda; 1914 - Pastelería Xoyma;e 14590 – Ofifoz. As persoas afortunadas poden poñerse en contacto con AciaFozCCA para reclamar os seus premios chamando ao 982 132 751.
Tamén AciaFozCCA deu a coñecer os nomes dos establecementos gañadores do concurso de escaparates de Nadal, que organizou un ano máis. O 1º premio foi para Electricidad Núñez, o 2º para Hedra e o 3º para Chuvia. O premio ao mellor decorado de interior é para Pastelería Anduriña e a mellor fachada para Lencería Esther.
Desde AciaFozCCA felicitan aos gañadores “pola súa implicación para encher de luz, de maxia e de color as rúas de Foz durante o Nadal”.