ACIA Burela presentou a súa nova directiva

AMariñaXa
A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela presenta a campaña de Nadal para o comercio burelés
ACIA BURELA 2023_Directiva_004
29 Nov 2023

A Asociación de Comerciantes, Industria e  Autónomos de Burela presentou a súa nova directiva trala asemblea de asociados celebrada o 21 de novembro. Pasados os dous anos de mandato da anterior xunta directiva a nova recolleu o relevo da anterior corporación.

Esta nova directiva conta con varias persoas con moita experiencia na asociación, xa que formaron parte de anteriores directivas e incluso como membros fundadores.

Está formada por: Eva Luaces, presidenta; de Decoraciones Pura; Jorge Orosa, vicepresidente, de Kessarys Joyeros; Becky Hermida, tesoureira, de Academia A Mariña; Marta Baltar, secretaria, de Calzados Tomás; Iago Pernas, vocal, de Rosavel Flor; Jose Antonio Cerezo, vogal, de Cerezo Bikes; Dolores Hermida, vocal, de Mercería Paca; e Isabel Castro, vocal, de Isabella.

Según a presidenta, “temos moita ilusión nesta nova etapa. É un momento importante de apoio ao comercio e hostalaría local, ao consumo nas nosas vilas. Contamos con un equipo forte e unido, e traballaremos da mao con asociacións e entidades de Burela e da Mariña Lucense, para seguir sendo un punto de referencia na Provincia”.

“Comezamos con forza, xa que o primeiro proxecto que temos en marcha é a organización da campaña de Nadal, campaña principal da nosa entidade no ano. Temos todo practicamente listo, e esperamos que a mesma agrade ós nosos asociados e a tódolos veciños e clientes da nosa vila”di a presidenta Eva Luaces.

“Outro proxecto importante para a entidade é a captación de máis asociados, xa que cantos máis sexamos, mellor para as nosas empresas e para todo o sector empresarial de Burela”, engade Luaces.

Este grupo de empresarios e empresarias aportarán novas ideas, perspectivas e ilusións que farán emprender diferentes proxectos para impulsar e promover o comercio, a hostalaría e os servicios locais na vila. ACIA Burela comeza unha nova etapa para loitar polo futuro do sector na localidade e na comarca.

0.16094493865967