ACIA Burela organiza varias actividades coa campaña Xuntos facemos Nadal
A Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela organiza diversas actividades para dinamizar as vendas arredor da campaña Xuntos facemos Nadal.
Unha das iniciativas para estas semanas de compras é o Concurso de Decoración de Nadal, os locais asociados que desexen participar deberán decorar os seus espazos con ambientación de Nadal e sacarlle unha fotografía para subir ás redes sociais da Asociación.
O concurso ten dúas modalidades, unha para o sector comercio/servizo local e outra para os establecementos de hostalería da vila que poderán optar a catro premios un outorgado a través dos votos en redes sociais e outro por valoración do xurado, de 150 euros cada un. O xurado estará formado por representantes de asociacións locais.
Outra das actividades do Xuntos facemos Nadal será o reparto de tarxetas con premio entre a clientela dos establecementos participantes na campaña. Estas tarxetas poden ter diferentes premios: 5, 10 ou 20 euros ou botellas de aceite. Coas compras realizadas a clientela poderá escoller unha tarxeta e canxeala ata o vindeiro 15 de xaneiro.
A campaña continúa coa roscondada e chocolatada de Reis ACIA Burela, unha iniciativa para impulsar a asistencia á Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro. Ao finalizar a visita das súas Maxestades de Oriente haberá unha roscondada e chocolatada, a ración de chocolate e roscón custará 2 euros. Ademais, dentro do roscón de ouro haberá múltiples regalos que se poderán canxear na carpa da Praza da Mariña.
Para rematar, ACIA Burela organiza a iniciativa Chupa Chup de Ouro. Unha actividade na que por cada compra ou servizo a clientela poderá cubrir os seus datos nunha papeleta para entrar nun sorteo dun premio de 3.000 euros en vales de compra. O sorteo realizarase de xeito público o 5 de xaneiro despois da roscondada e chocolatada, sacaranse 3 papeletas premiadas e non é preciso estar presente no sorteo para ser os gañadores ou gañadoras. Os vales de compra poderanse gastar ata o 31 de marzo de 2024 e deberán canxearse nos establecementos participantes.
https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/burela-amxa/241673/