Achegamento de posturas para impulsar o porto de San Cibrao

AMariñaXa
Xunta, Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e CEL mantiveron unha reunión a tres bandas para potenciar o porto de San Cibrao.
reunion cel xunta san cibrao
18 Mar 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu ao presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, e ao secretario da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, nunha reunión a tres bandas para analizar propostas do sector así como as posibilidades de potenciar o porto de San Cibrao.

Arias agradeceu a postura dialogante do recentemente nomeado presidente da Autoridade Porturaria, quen coñeceu da man do delegado da Xunta e dos representantes da CEL as potencialidades do porto mariñán, entre outros temas de interese para o sector. Esta é a prolongación dunha primeira reunión mantida a primeiros de mes en Celeiro que polas medidas restritivas da Covid quedou restrinxida aos alcaldes de Cervo e Xove xunto ao xefe territorial e o propio delegado da Xunta en Lugo.

Nesta segunda reunión de contacto do presidente da Autoridade Portuaria tamén estiveron presentes o directivo de LugoMadera e vicepresidente da Cámara de Comercio, Daniel Villapol, e o conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín, quen tamén agradeceron o afán de colaboración amosado polo máximo representante da Autoridade Portuaria.

0.37133002281189