ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“

AMariñaXa
Entroido. Falamos con Luis Miguel Rivas é o presidente da Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova.
Asociacion as minas pontenova
13 Feb 2023

Por Ana Somoza López.

Luis Miguel Rivas é o presidente da Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova.

Canta xente compón a asociación?

Pois somos arredor de 100 socios e colaboramos en todas as actividades.

Canto tempo levan organizado o Entroido?

Levamos á fronte da organización do Entroido da Pontenova uns 15 anos.

Algunha lembranza de todos estes anos?

Pois é que xa van moitos entroidos e todos os anos xurde algunha. Houbo moitos nos que participaron moitísimas charangas polo que había moita xente pola vila e incluso houbo que facelo fora do local das sociedades, tamén hai anécdotas de xente que esquece recoller o premio, ou algunha ocasión na que deron o importe do premio na barra para que fóramos descontando das consumicións.

Hai moitos premios este ano?

Este ano repartimos 850 euros repartidos nas categorías de grupos, parellas e individual. O xurado que valora estes premios está composto por cinco membros da comparsa da Pontenova Medo me dais.

Que aspectos valorarán?

O xurado valora a orixinalidade, o deseño e a estética, a coreografía e a popularidade como simpatía durante toda a festa e non só na actuación.

Que caracteriza esta festa?

Pois a nosa festa caracterízase por ser un Entroido feito para ser moi familiar e que gracias a iso puidemos adaptarnos un pouco ao tempo da pandemia. Por exemplo, o ano pasado foi un pouco máis pequeno e fixemos pequenas festas en cada local da hostalaría pontenovesa.

Que se espera deste ano?

Este ano, a celebración será o sábado 18, e esperamos que volva a afluencia de xente pois a nosa festa é pola noite. Comeza as 20.00 horas con ruta de tapas polos bares do pobo, logo as 23.30 será a festa cun DJ no local das sociedades.

Porque é pola noite?

Case sempre adoitamos celebralo o mesmo día que o de Foz. É nós non podemos competir co seu desfile, polo que decidimos deixar a festa de día e da tarde para eles, e así pola noite pode asistir moita máis xente ao noso.


Pódese consultar o resto de entrevistas de Entroido:

Comparsa Sin Xeito: “O noso obxectivo é desfrutar moitos anos máis da mellor festa de todas"

Uxía, raiña do Entroido de Foz: “É un privilexio e unha responsabilidade”

ACD As Minas: “A nosa festa caracterízase por contar cun ambiente moi familiar“ 

O Mellor de cada casa: “O deseño xa está pensado dende o verán”

Comisión de Festas do Vicedo: “Lanzaremos foguetes para marcar o comezo”

ACIAL Lourenzá: “Os rapaces preparan dúas carrozas espectaculares, animan e fan rir”

O Picato: “Contaremos con 3.000 euros en premios”

Entroido as minas pontenova 2
Entroido as minas pontenova 1
0.22873902320862