Abriron as súas portas a pista de xeo e RibaXogo

AMariñaXa
A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da avenida Rosalía de Castro.
pista xeo ribadeo 2017
4 Dec 2023

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da avenida Rosalía de Castro.

Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.

E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.

O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16.30 a 21.00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16.30 a 21.00 horas pola tarde.

Os días 24 de decembro e o 1 de xaneiro ambas carpas estarán pechadas.

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/ribadeo-amxa/241406/

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/ribadeo-amxa/239544/

0.15783095359802