Ábrese a convocatoria para unha praza de xefe de Servizos Sociais en Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz abriu a convocatoria para o proceso de selección e formación dun funcionario interino.
casa do concello de Alfoz
19 Out 2023

O Concello de Alfoz abriu a convocatoria para o proceso de selección e formación dun funcionario interino. O posto correspóndese co xefe ou xefa da Unidade de Servizos Sociais.

Os interesados poden presentarse ata o vindeiro xoves 2 de novembro. A convocatoria ábrese mediante o sistema de concurso oposición libre. O emprego á para cubrir unha substitución transitoria da persoa titular do posto por motivos de saúde e futuras necesidades neste sentido.

A xornada é completa e entre as funcións a desenvolver atópase a de asesorar aos niveis superiores de decisión, informar e atender aos usuarios ou asistir  e participar nos actos públicos.

xefe unidade servizos sociais concello de alfoz
0.19480586051941