Abren as inscricións para a XII Xuntanza Cantos de Taberna de Mondoñedo
									AMariñaXa								
			Mondoñedo será epicentro da música e da tradición da man dunha nova edición dos seus Cantos de Taberna
 					
					
29 Jul 2024
			
				De novo, Mondoñedo será epicentro da música e da tradición da man dunha nova edición dos seus Cantos de Taberna. A cita, que chega a súa décimo segunda convocatoria, terá lugar o 14 de setembro. O evento conta coa colaboración do Concello, da Deputación de Lugo e a asociación O Pasatempo. Os interesados en participar xa poden inscribirse no 605 582 624.