Abre o prazo para solicitar as axudas aos apicultores

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
As axudas á apicultura do ano 2022 para a asistencia técnica a loita contra as agresións e enfermidades da colmea.
curso perfeccionamento muras apicultura portada
27 sep 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publiou a resolución da Consellería do Medio Rural da convocatoria das axudas á apicultura para o ano 2022. En total, supoñen o investimento por parte da Xunta de 1.382.277,80 de euros para a asistencia técnica tanto a persoas como a organizacións apicultoras e a loita contra as agresións e enfermidades da colmea, de acordo coas características particulares do sector en Galicia.

As actuacións subvencionadas nesta convocatoria 2022 inclúen a contratación de persoal técnico e de especialistas para prestar información e asistencia ás persoas apicultoras. Tamén comprende -no relativo á loita contra as enfermidades das abellas- a adquisición de tratamentos quimioterápicos e outros compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, a alimentación das abellas -co fin de mellorar a vitalidade da colmea- e a renovación ou purificación de cera, ademais da adquisición de métodos para a captura, eliminación e control da avespa velutina.

As axudas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva e están destinadas tanto a particulares titulares de explotacións apícolas como a asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia. En total, son 24 os beneficiarios destas axudas, dos cales 9 corresponden a asociacións apícolas. Así, beneficiaranse destas achegas 2.176 explotacións apícolas, cun total de 187.537 colmeas.

Enlace á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220919/AnuncioG0426-090922-0004_gl.html

0.095815896987915