Abre o prazo para o novo curso na Escola Municipal de Música de Xove
O Concello de Xove abre o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2024-25 na Escola Municipal de Música ata o 30 de setembro. Esta convocatoria está dirixida a persoas maiores de 4 anos ou que cumpran os 4 anos ao longo do ano 2024. Os interesados poden recoller o impreso de solicitude no Rexistro do Concello ou descargalo desde a web oficial do Concello de Xove.
Unha vez cuberto, o impreso deberá ser entregado no mesmo Rexistro ou enviado a través da Sede Electrónica do Concello de Xove, como instancia xeral, adxuntando a ficha de solicitude cuberta. O 3 de outubro farase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música para o novo curso. Para máis información, os interesados poden contactar a través do correo electrónico: xulianogueira@gmail.com.