Abre o prazo de inscrición para o programa de Madrugadores de Alfoz

AMariñaXa
O centro escolar continuará coa ampliación do horario no programa de Madrugadores, así como no horario de tarde a través das actividades de Ocio e Estud
CEIP-Castro-de-Ouro-de-Alfoz-
30 Ago 2024

O Concello de Alfoz anuncia que a partir do 2 de setembro estará o prazo de inscrición para as actividades de apertura do CEIP. Este ano, o centro escolar continuará coa ampliación do horario no programa de Madrugadores, así como no horario de tarde a través das actividades de Ocio e Estudo (OES) e clases de Inglés.

Os interesados poden facer a súa inscrición na oficina de rexistro do Concello e tamén na sede eléctrónica. Deste xeito, poñen un marcha un servizo de ocio, estudo e inglés dirixido ao alumnado do CEIP Castro de Ouro que no caso de inglés permitirase alumnado de ata 16 anos.

Esta proposta comezará o 11 de setembro e impartirase de 16.00 a 17.00 e de 17.00 a 18.00 os martes e xoves. Ademais, ofrecen o servizo de madrugadores par o alumnado do CEIP, que botará a andar tamén o día 11. O horario será de 7.30 a 9.30. As nenas e neos que requiran do servizo de xeito esporádico deberán aisar o día antes.

 

0.12168908119202