Abre o prazo de inscrición nos másteres oficiais da UNED
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Aberto o prazo de preinscrición para másteres oficiais do vindeiro curso na UNED entre o 19 de maio e o 5 de xullo de 2022.
22 May 2022
A UNED abriu xa o prazo ordinario de preinscrición/admisión para os másteres oficiais do próximo curso. Este prazo está aberto do 19 de maio ao 5 de xullo de 2022, coa excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza o 2 de xuño de 2022:
- Ciberseguridade
- Estudos de Xénero
- Formación de Profesores de Español como Segunda Lingua
- Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e
- Ensino de Idiomas.
- Enxeñaría e Ciencia de Datos
- Intervención Educativa en Contextos Sociais
- Investigación en Historia da arte
- Investigación en Intelixencia Artificial.
- Políticas Sociais e Dependencia
- Prevención de Riscos Laborais; Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
- Psicoloxía Xeral Sanitaria
As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente online. Deben ler atentamente a Guía Xeral do Máster no que se estea interesado para poder realizar a proposta de materias de forma correcta.
Máis información: https://www.uned.es/universidad/inicio/estudios/masteres/informacion-general/admision-matricula.html