Abre o prazo de inscrición no taller de manualidades de Alfoz

AMariñaXa
Está dirixido a todas aquelas persoas adultas que desexen explorar a súa creatividade e aprender novas técnicas artesanais
taller-de-manualidades-alfoz
12 Out 2024

O Concello de Alfoz informa á veciñanza que ata o 17 deste mes permanecerá aberto o prazo para inscribirse no taller de manualidades, que se desenvolverá dende o mes de outubro ata maio na OMIX da Casa da Cultura.

Este taller está dirixido a todas aquelas persoas adultas que desexen explorar a súa creatividade e aprender novas técnicas artesanais nun ambiente ameno e colaborativo.

O taller incluirá actividades diversas, adaptadas a diferentes niveis de habilidade, co obxectivo de fomentar a expresión artística e a socialización entre os participantes.

“A iniciativa forma parte da dedicación do Concello de Alfoz por promover o benestar da súa cidadanía, proporcionando espazos de aprendizaxe e convivencia que contribúan ao desenvolvemento persoal e á cohesión veciñal” apuntan dende o consistorio.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición dentro do prazo establecido. Para máis información e inscricións, poden dirixirse ás oficinas do Concello.

0.089214086532593