Abre o prazo de inscrición no programa ribadense, Preto de ti, destinado ás persoas maiores
Do 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores, que poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, animan a inscribirse nestas actividades.
O rexedor manifestou que “Ribadeo pon en marcha Preto de ti, un conxunto de actividades que queremos propoñer para realizar nos próximos meses”.
Vega subliñou que “Preto de ti quere mellorar e avanzar e por iso quero felicitar a todos os técnicos municipais que traballaron conxuntamente con Elena Sierra, coa concelleira de Benestar Social, que analizaron profundamente aquilo que había conservar e aquilo que había que mellorar. E tamén felicitar ás técnicas, ás persoas que estarán en todas as parroquias e tamén na vila realizando Preto de ti”.
O alcalde convida “a que todo o mundo participe e a que poidamos disfrutar entre todos deste programa de actividades”.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que ““Preto de ti inclúe actividades como estimulación cognitiva, que incluiría memoria, crucigramas, sudokus; ximnasia de mantemento; lectura e escritura creativa; e tecnoloxía do móbil, entre moitas outras”.
E engadiu que “o prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 16 de outubro e poderán facelo de forma presencial ou ben chamando ao teléfono 982 129 889 da Casa dá Xuventude. De luns a venres de nove a dous, e os martes e os xoves tamén de catro a seis da tarde”.