Abre o prazo das axudas para autónomos e pemes viveirenses afectadas pola pandemia

AMariñaXa
O Concello de Viveiro abre o prazo de solicitude das axudas para autónomos e pemes afectadas pola pandemia da covid
axudas hostalaria
3 Ago 2021

O Concello de Viveiro informa que no BOP nº  175 do 2 de agosto de 2021, dáse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das novas axudas de impulso da actividade económica no termo municipal de Viveiro para paliar os efectos da covid-19, estando aberto o prazo para presentar as solicitudes dende o día seguinte ao da referida publicación no BOP e ata o 3 de setembro de 2021, segundo o establecido en ditas bases.

Ditas bases teñen por obxecto establecer a regulación (solicitude, tramitación, concesión, xustificación, pago e reintegro) e convocar as subvencións municipais destinadas a paliar o impacto derivado da Covid-19 sobre os pequenos empresarios e autónomos de Viveiro que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 50% no exercicio 2020 respecto do 2019 pola pandemia.

A finalidade destas axudas é protexer e apoiar o tecido produtivo e empresarial de Viveiro constituído polas microempresas, pequenas empresas, autónomos, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas sen personalidade xurídica.

A contía destinada polo concello a atender estas subvencións ascende a un importe total de 69.110,00 euros, concedéndose unha cantidade fixa de 850 € a cada beneficiario, ata agotarse o crédito destinado á convocatoria.

Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica que tivesen unha alta anterior ao 15.03.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 50% no exercicio 2020 respecto do 2019, ou en caso de alta no primeiro trimestre de 2020, acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 50%, no resto de trimestres de 2020 con respecto ao primeiro trimestre.

Así mesmo, terán dereito a este axuda as actividades que tiveron alta posterior a dita data sempre e cando acrediten a efectividade de gastos para dita apertura con anterioridade ao 15.03.2020. Non poderán acollerse a estas axudas aquelas persoas ou empresas que fosen beneficiarias das axudas concedidas polo Concello de Viveiro en 2020 para actividades que se viran afectas polo peche de establecementos.

0.037106990814209