Abre a piscina de Río Cobo de Cervo

O Concello de Cervo abre a piscina de Río Cobo dende o luns 22 de xullo. A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15.00 a 21.00 horas.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio nesta tempada estival con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten.