Abre a inscrición para unha nova edición do campamento de verán de Riotorto

O Concello de Riotorto organiza de novo este ano un campamento de verán para rapaces. Esta actividade inclúe obradoiros, xincanas, obradoiros e festa da escuma e máis sorpresas. Tamén haberá excursións, unha hípica, outra a Cerceda e dúas saídas á praia.
Será entre os días 30 de xuño e 1 de agosto en horario de 10 a 14 horas e está dirixido a nenos de 4 a 14 anos. As inscricións poden facerse na Casa do Concello antes do venres 20 de xuño ata completar as prazas dispoñibles, que son 40. O prezo por neno non empadroado no Concello é de 120 euros sendo de 50 euros para os empadroados, incluído un almorzo.
O servizo tamén contará con horario de conciliación, de 9.00 a 10.00 para aqueles que o necesiten.