Abre a inscrición para o segundo semestre da Escola de Natación de Xove

AMariñaXa
A Escola Municipal de Natación do Concello de Xove abre a inscrición para os cursos do segundo semestre do ano 2022.
piscina municipal xove natacion
5 Xuño 2022

A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do segundo semestre do ano 2022. Esta inscrición para alumnos censados en Xove deberá facerse entre os días 7 e 8 de xuño en horario de 9.00 a 13.00 horas na aula municipal de formación fronte á Residencia da 3ª Idade. A de alumnos de fóra de Xove será do 9 ao 10 de xuño de 9.00 a 13.00 horas no mesmo lugar.

En canto aos cursos haberá dous, os intensivos de verán de xullo e agosto en sesións de mañá ou tarde, e os bimensuais de setembro e outubro ou de novembro e decembro en sesión de tarde.

Para calquer dúbida ou máis información será necesario chamar ao teléfono 609 134 320.

0.055394172668457