Abre a inscrición para o curso de natación en Xove

A Escola de Natación de Xove abre a inscrición para os Cursos de Natación para o ano 2025.
Para alumnas e alumnos censados en Xove para os días 9 e 10 de decembro de 9.30 horas a 13.30 horas na aula municipal de Formación (en fronte da Residencia da 3ª idade).
Para alumnado de fóra de Xove, os días 16 e 17 de decembro, de 9.30 a 13.30 horas na aula municipal de Formación tamén.