Abre a inscrición en Mondoñedo para o programa de formación para a dixitalización de mulleres
O Concello de Mondoñedo colabora na realización dun programa para a formación dixital de mulleres. Este programa ten como principal obxectivo mellorar as capacidades dixitais de mulleres en xeral, pero prioritariamente de mulleres desempregadas residentes en zonas rurais.
Con este proxecto preténdese ademáis favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.
Este programa ofrecerá un título oficial acreditativo, servirá para aprender competencias dixitais para o día a día para a empregabilidade e para o emprendemento, e ao rematar farase entrega dun ordenador pórtatil totalmente gratuíto, co que poderán poñer en práctica todo o aprendido.
A formación impartirase en Mondoñedo dende o 26 de setembro ao 9 de novembro de 2023.
Para máis información poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo e a través do teléfono 982 524 003, extensión 8 ou chamar ó teléfono 698 197 518.