Abre a cafetería do centro social de Foz

Foz
AMariñaXa
No primeiro día de actividade recibiu a visita do alcalde, Fran Cajoto, e dos concelleiros Inés López, Ana Rojo, Ángel Fernández e Elena Martínez
apertura_cafetería_centro_social_Foz
7 Xul 2024

A cafetería do centro social de Foz, que foi adxudicada polo pleno da corporación municipal o 27 de xuño a Manuel Mostazo Moldes, xa está aberta. No primeiro día de actividade recibiu a visita do alcalde, Fran Cajoto, e dos concelleiros Inés López, Ana Rojo, Ángel Fernández e Elena Martínez. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembrou os investimentos feitos para poder levar a cabo esta apertura. “Levaba varios anos pechada cando entramos a gobernar. No ano 2021 ampliamos por 54.500 euros a aula de seguridade viaria do peirao de Foz; deste xeito creamos unhas instalación axeitadas para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, independentes e con espazo ao aire libre, e liberamos a cafetería para a súa reforma”, sinalou o rexedor.

Unhas obras adxudicadas tamén no ano 2021 por 43.200 euros, que se completaron con 35.200 euros para a reforma completa das instalacións eléctricas e doutros servizos que se independizaron e algo máis de 15.000 euros para mobiliario. “Investimos 93.500 euros na reforma dun local que agora está climatizado, ten aseos adaptados a discapacitados e unha terraza de 54 metros cadrados que se abre ao porto de Foz e a toda a ría, co obxecto claro de recuperar para os maiores de Foz un espazo de encontro que poidan volver a considerar seu”.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, destacou a funcionalidade do novo bar Náutico: “Son unhas instalacións totalmente adaptadas a persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida, con rampla e baños totalmente adaptados. A decoración evoca o Foz máis mariñeiro, con fotos antigas nas que se pode apreciar o vello peirao e o antigo pósito de pescadores. Os ventanais proporcionan unha das mellores vistas de Foz, un entorno inmellorable para que os maiores ademais de tomar un aperitivo poidan xuntarse, ler o xornal do día e desfrutar dunha boa conversa”.

0.20104813575745