Abraham Cupeiro presentará o espectáculo 'O Son da Pedra' en Viveiro
AMariñaXa
A Xunta de Cofradías reafirma o seu compromiso anual coa difusión cultural, organizando un programa variado e de calidade
21 Jan 2025
O músico e multiinstrumentista Abraham Cupeiro presentará o espectáculo 'O Son da Pedra' o vindeiro 29 de marzo ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco, en Viveiro. Este evento está enmarcado no programa cultural ADRAL, promovido pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.
As entradas estarán dispoñibles a partir do 21 de xaneiro, ás 12:00 horas, a través da plataforma Ataquilla.
A Xunta de Cofradías reafirma o seu compromiso anual coa difusión cultural, organizando un programa variado e de calidade que se dará a coñecer no acto de presentación do cartel oficial da Semana Santa 2025. Este evento busca ofrecer á cidadanía experiencias culturais enriquecedoras, combinando música, tradición e arte.