Abertos os parques infantís, os biosaudables e pista multideportes de Viveiro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informou que este luns, 22 de xuño, se procederá á apertura dos 14 parques infantís, tres parques biosaudables e catro pistas multideportes do municipio.
22 Jun 2020
O Concello de Viveiro informou que este luns, 22 de xuño, se procederá á apertura dos 14 parques infantís, tres parques biosaudables e catro pistas multideportes do municipio.
Despois do peche obrigado polo estado de alarma, nos últimos días procedeuse a labores de limpeza e posta a punto das instalacións, co obxectivo de que a veciñanza as atope en perfectas condicións.
Aínda que o concello realizará labores de limpeza e desinfección diarias, lémbrase a necesidade de adoptar as medidas de seguridade e hixiene establecidas co fin de garantir a saúde pública.
Lémbrase, así mesmo, a obrigatoriedade de utilizar mascarillas sempre que non sexa posible gardar a distancia social de seguridade de 1,5 metros.