Aberto prazo de solicitudes de postos para a Feira do Mel e Mercado de Outono do Valadouro

AMariñaXa
O vindeiro , sábado 9 de outubro celábrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.
Feria do Mel   Mercado de Outono do Valadouro 2021
27 Sep 2023

Aberto prazo de solicitudes de postos para a Feira do Mel e Mercado de Outono do Valadouro e que neste ano vaise celebrar o 14 de outubro.

A XXXVI edición da Feira do Mel e o Mercado de Outono ten por obxecto a presentación de todo aquilo que se refira a actividades relacionadas coa Apicultura e a agroalimentación en todas as súas vertentes pero, en especial, dedicado aos produtos de outono.

Como a actividade principal é a Feira do Mel, os produtos que se poden ofertar serán todos aqueles relacionados co mundo das abellas ata derivados. Ó mesmo tempo e ó tratarse tamén da edición do mercado de outono tamén se admitirán todo tipo de produto agroalimentarios de tempada e derivados así como todo tipo de conserva.

Os postos que expoñan mel, produtos de outono e de comercios locais serán facilitados polo Concello do Valadouro comprometéndose cada un dos usufrutuarios a mantelo nas mesmas condicións nas que se atopen ó inicio da actividade. Unha vez que remate o evento, cada expositor deberá de recoller todos os produtos que expuxo e deixar o posto debidamente recollido.

As inscricións deben facerse na casa da cultura do Concello do Valadouro en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas ata o 10 de outubro ou a través da sede electrónica municipal.

0.16326189041138